domingo, 19 de julio de 2009

AVANCE NOVA: SUBIDA MONTE ALOIA


Onte a tardiña Miguel Marzoa e Xabi Rodicio participaron na subida ó Monte Aloia. A causa dos problemas con sistema de cronometraxe da empresa encargada de tomar os tempos non vos podemos ofrecer a clasificación definitiva.
Adiantar que Miguel estivo a piques de baixar dos 44´e que Xabi fixo un tempo de 44´50", postos 22º e 26º oficiosos.

martes, 14 de julio de 2009

CAMPIONATO GALEGO DE MONTAÑA


Celebrouse o domingo pola mañá na localidade ourensá de Esgos o Campionato Galego de Montaña, a subida a Rocas-Eirado, a case 1200m de altitude.
Os títulos en categoría masculina e feminina foron pra Oscar Piñeiro e Sonia Botana respectivamente.
O noso clube estivo representado por Xabi Rodicio, que acadou unha meritoria 30ª plaza na xeral , sendo 12º da categoría Senior, cunha marca de 1h14m03s .
Coma observaredes no gráfico houbo tramos con pendientes por riba do 20% de desnivel.

martes, 7 de julio de 2009

LEIRO

Mañá calurosa en Leiro pra celebración dunha nova edición desta carreira popular asentada no calendario galego de probas en ruta.
Catro foron os "venturiñas" que participaron nunha proba cun percorrido duro pero fermoso.Alí estiveron Miguel Marzoa, Javier Fernández, Xabi Rodicio y Eloy (facendo de lebre pra Xabi).

Entre os "galgos", victoria de Suso de La Fuente en homes e de Maria Yolanda Robles en mulleres.



Os nosos:

60º- Javier Fernández----------------36´14"
72º- Xabi Rodicio----------------------36´45"
93º-Miguel Marzoa--------------------37´34"
165º-Eloy Campos---------------------40´05"

sábado, 4 de julio de 2009

TANGARAÑO,CELANOVA E REDONDELA

DÍA 21 DE XUÑO, nunha mañá calurosa,Xabi participou na carreira de montaña do Tangaraño, case que 11km durísimos, nos que os participantes estiveron acompañados dun incómodo enemigo, a calor!!!
Ó final o noso amigo pagou o esforzo da noite anterior en Xinzo e non conqueriu o que procuraba, acabar entre os 15 primeiros.Seu posto,20º en 54´49".



CELANOVA 27 DE XUÑO, de novo Xabi en acción con Eloy dando ánimos a pé de proba.Sen dúbida a mellor carreira do calendario galego.O noso compañeiro deixou o que tiña nas pernas nun percorrido cun total de 6 subidas distribuídas en 2 voltas largas.Precisamente na derradeira das ascensiós pagou o esforzo de ir toda a carreira tirando dun grupo e o tempo non resultou todo o bo que cabía agardar.Posto 45º en 27´10"



REDONDELA 28 DE XUÑO

Boa representación do clube nunha mañá fresquiña na vila dos "chocos".

12º-Paco Míguez---------------------------------20´49"


18º- Francisco Vidal, "Farru"---------------------21´00"

21º-Diego Vázquez Remigio-----------------------21´08"

59º-Miguel Marzoa----------------------------22´44"

60º-Xabi Rodicio----------------------------------22´48"
115º-Martín Gonzáles-----------------------------25´07"