jueves, 26 de junio de 2008

XXIV Carreira Nocturna San Xoán

Na noite do 23 de Xuño, día de San Xoán, celebrouse a XXIV Carreira Nocturna de San Xoán na cidade de Vigo, baixo unhas condicións crimáticas algo desfavorabeis, algo de néboa e algo de poalla.
A carreira contou coa participación de cerca de 400 atletas maiores de 14 anos, e tendo en conta de que se facía a carreira en día laborable.A carreira disputouse sobre unha distancia de 8 km aproximadamente.

A saída realizouse dende Praza do Rey (Axuntamento) ás 21h.15´ e transcurriu polas rúas: Camelias, Romil, Paseo Alfonso, Pi Margall, Lopez Mora , Bar Boo, C/Coruña, T.Alonso, Paulino Freire , Beiramar y Berbés.

Categorías de Competición:

A- De 14 a 18 anos
B- De 19 a 35 anos
C- De 36 a 45 anos
D- De 46 anos en adiante

Esta edición da XXIV Carreira Nocturna de San Xoán foi gañada por Elías Domínguez Cabral cun tempo de 25´16´´, seguido por Borja Conde Figueroa cun tempo de 25´41´´ e de Marcial Rodríguez Rey 25´50´´.

Esta carreira contou coa participación de catro atletas do Clube Atletismo Venturiña: Elena Naveiro Parada, Eduardo Álvarez Morais (Presidente/Entrenador),Martín González Pérez e Carmen del Mar Naveiro Álvarez, de menos dun ano que correo no carrillo co seu pai Eduardo.

  • Elena Naveiro realizou un tempo de 30´44´´ quedou na posición 71 da Xeral e acadou o 1º posto na súa categoría(19 a 35 anos), despois de haber disputado a día anterior unha carreira en Cerceda e quedar no 3º posto da xeral feminina.
  • Eduardo Álvarez chegou a continuación e realizou a carreira nun tempo de 30´45´´ despois de salir do último posto para non molestar ós corredores co carrillo da súa filla e recorrer os 8 kilómetros tirando dela. Quedou no posto 72º da Xeral, posto o que non nos ten acostumado debido o seu mal estado de forma, xa que sempre soe estar no top 10 na maioría das carreiras.Acadou a posto 21º na súa categoría(36 a 45 anos)
  • Martín González realizou un tempo de 31´48´´ acadando o posto 100º na Xeral, logrou realizar unha boa carreira despois de ter problemas na perna dereita fruto da carreira realizada o domingo en Cerceda que lle impediu correr mellor, acadou o 7º posto na súa categoría (de 14 a 18 anos). Conseguiu acabar a carreira grazas a unha xoven corredora, Saleta Castro, que viu cando quedaban 2,5 quilómetros e que o parecer lle dou enerxías para continuar e finalizar a carreira.

Clasificación por Categorías:

Mulleres (14-18)

1.- Patricia Quintas Carreira 38´33´´
Posto 242 na Xeral
2.- Desiree Román Landesa 42´22´´
Posto 300 na Xeral
3.- Tania Fontaiña Rodríguez 42´22´´
Posto 302 na Xeral

Homes (14-18)
1.- Eric Calvo González 27´19´´
Posto 13 na Xeral
2.- Carlos Yañez Alonso 28´12´´
Posto 23 na Xeral
3.- Eduardo Nodar Castro 29´04´´
Posto 34 na Xeral

Mulleres (19-35)
1.- Elena Naveiro Parada 30´44´´
Posto 71 na Xeral
2.- Saleta Castro Nogueira 31´55´´
Posto 103 na Xeral
3.- Teresa González Nuñez 32´58´´
Posto 131 na Xeral

Homes (19-35)
1.- Borja Conde Figueroa 25´41´´
Posto 2 na Xeral
2.- Pablo Carrera Blanco 25´53´´
Posto 4 na Xeral
3.-Ruben Pereira Cardalda 25´57´´
Posto 5 na Xeral

Mulleres (36-45)
1.-María Soledad Castro Soliño 28´13´´
Posto 24 na Xeral
2.- Julia Vaquero Sousa 28´15´´
Posto 25 na Xeral
3.- Mª Belán Lemat Cabral 33´32´´
Posto 143 na Xeral

Homes (36-45)
1.- Elias Domínguez Cabral 25´16´´
Posto 1 na Xeral
2.- Marcial Rodríguez Rey 25´50´´
Posto 3 na Xeral
3.- Andrés Fervenza Fragueiro 26´25´´
Posto 7 na Xeral

Mulleres (46-...)
1.- Rosa Mª Schwarz Ferreira 39´32´´
Posto 257 na Xeral
2.-MªÁngeles Pampín Facorro 39´42´´
Posto 263 na Xeral
3.- Olga Romero Domínguez 40´27´´
Posto 269 na Xeral

Homes (46-...)
1.- Antonio Fuertes Saavedra 26´55´´
Posto 9 na Xeral
2.- Evaristo Pereira de la Torre 27´26´´
Posto 15 na Xeral
3.- Ricardo Fernández Costa 27´42´´
Posto 17 na Xeral


Clasificación

domingo, 22 de junio de 2008

IV Carreira Popular Pedestre de A Silva



A mañá do domingo día 22 de xuño, celebrouse a IV Carreira Popular Pedestre de A Silva,no concello de cerceda, contou coa presenza duns aproximadamente 1.000 atletas entre categorías inferiores dende chupete ata os veteráns. As provas comezaron ó redor das 11:00 horas, a carreira absoluta disputouse sobre unha distancia de 7.500 metros aproximadamente.

  • Martín González acadou o 1º posto na categoría Xuvenil.
  • Elena Naveiro acadou o 3º posto na categoría Feminina.


CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN (femenina e masculina)
- CHUPETE: nacidos no 2003 e posteriores
- PITUFO: nacidos no 2002-2001
- BENXAMÍN: nacidos no 2000-99
- ALEVÍN: nacidos no 98-97
- INFANTIL: nacidos no 96-95
- CADETE: nacidos no 94-93
- XUVENIL: nacidos no 92-91
- XUNIOR: nacidos no 90-89
- PROMESA: nacidos no 88-87-86
- SENIOR: nacidos entre 1985 e 1974
- VETERÁNS: dende 1973 e agrupados de 5 en 5 anos (1973-1969, 1968-1964, 1963-1959, …).
- DISCAPACITADOS: (correrán na categoría que lle corresponda por idade).
- AFICIONADOS: nacidos en 1990 e anteriores(só atletas non federados).


Esta carreira que foi gañada por Alejandro Pesado na categoría masculina é Chus Valiño na categoría feminina, contou coa participación de 2 atletas do clube Venturiña e cun corredor grovense.

A carreira contou coa participación de Elena Naveiro Parada que acadou o 3º posto absoluto feminino é con Martín González Pérez que apesar de realizar unha mala carreira e lesionarse na disputa da mesma conseguiu acadar o 1º posto na categoría Xuvenil.
Tamén contou coa participación do atleta grovense Fco.Javier González Domínguez que xa é asiduo a este tipo de carreiras populares.

Tamén como un habitual nas carreiras como non podía ser de outra forma desprazouse ata Cerceda o bailarín Manuel Trillo, Illa de Arousa.










Fotos tomadas por Vicky en: http://picasaweb.google.com/CorrerEnGalicia
Máis fotos próximamente en: http://picasaweb.google.es/Atl.Venturina

miércoles, 11 de junio de 2008

IX CROSS POPULAR "ERGUETE" A TOXA 07.06.08

Moita expectación entre o numerosísmo público

Saída da carreira absoluta.

Saída da carreira absoluta (2)

Alfredo Bea entregando o trofeo ó vencedor absoluto David "Meco"

Rapaza agraciada ca bicicleta no sorteo , xunto con Carmen Cacabelos e o Alcalde Meco Xosé A. Cacabelos.

Saída da carreira ESO e COU
Fotos e información da reportaxe: todogrove.com

A mañá do sábado día 07 de xuño, celebrouse no interior do circuito do Monte Central da Illa da Toxa o tradicional Cross O Grove-Érguete, ca presenza duns aproximadamente 500 atletas escolares e populares e uns 300 espectadores. Lembremos que este circuito ten unha distancia de 1 km. e é un lugar idóneo prá a disputa de disciplinas deportivas coma o atletismo, ciclismo ou pra o ocio dos paseantes, debido o perfil e tipo de terreno e o entorno do mesmo. A provas comezaron ó redor das 10'30 horas.

Botouse en falla a presenza da Carreira Absoluta para federados e populares que durante estos tres últimos anos adornaban la final da xornada. Este ano, por motivos laborais, os organizadores da citada carreira , pertencentes ó Atletismo Venturiña, non poideron ser da partida. No obstante, a derradeira carreira de 1 km foi moi interesante e disputada ata o derradeiro metro con victoria do remeiro local David "Meco", seguido polos atletas do Atletismo Venturiña Martín González Pérez , que ademáis acababa de disputar unha carreira de 2 kms na sua categoría uns minutos antes, e Diego Vázquez Remigio.

Nesta derradeira prova gañaron trofeo o primeiro e primeira clasificados absolutos, o primeiro e primeira pai e nai e o primeiro avó.

Á finalización das competicións cada rapaz foi agasallado cunha camiseta, un bocadillo e un refresco e celebrouse ademais un sorteo dunha bicicleta e varios agasallos.

Carmen Cacabelos, coordinadora de Érguete agradeceu a colaboración de pais, mestres, voluntarios, ANPAS e Concello pra que este fermoso acontecemento fora posibel.

Na entrega de premios estiveron presentes varias autoridades locais como o Excmo. Sr. Alcalde de O Grove D. José Antonio Cacabelos, o Concelleiro de Deportes D. José Alfredo Bea e a Concelleira de Servicios Sociais Dña. María Ángeles Domínguez.

CLASIFICACIÓN POR CATEGORÍAS:

Infantil:
1º Pablo Pérez Peña (Rosalía de Castro)
1ª Iría Cao Magdalena (Rosalía de Castro)

1º Ciclo:
1º Brais Triñanes Lois (Valle Inclán)
1ª Lucia Lamas Muñíz (Valle Inclán)

2º Ciclo:

1º Xoel Blanco Iglesias (Valle Inclán)
1ª Nerea Soutullo (Conmeniño)

3º Ciclo:
1º Iván Fandiño Dovalo (Rosalía de Castro)
1ª Sara Bravo Bravo (Rosalía de Castro)

1º e 2º da ESO:
1º Juan José Costas (Club de Remo Mecos)
1ª Yolanda Otero

3º e 4º da ESO:

1º Pablo Mourelos

BACH. (Distancia 2kms)
Martín González Pérez (Atletismo Venturiña do Grove)

CARREIRA ABSOLUTA (Distancia 1km)
1º David "Meco" (Club de Remo Mecos)
Martín González Pérez (Atletismo Venturiña do Grove)
Diego Vázquez Remigio (Atletismo Venturiña do Grove)

domingo, 8 de junio de 2008

Campionato Galego de Montaña

O pasado día 8 de Xuño celebrouse a 2ª Subida as Rocas – O Eirado, na localidade de Esgos-Ourense cun percorrido de 14 km. , con saída diante do Concello da localidade e albergando o Campionato Galego de Montaña, a mesma baixo a dirección técnica da Federación Galega de Atletismo. O itinerario da carreira en sí xa ,a priori, era moi duro, con fortes subidas con gran desnivel, pero ademáis sumouse a terribel xornada de choiva, vento, e a moita lama que tiñan que esquivar os 158 esforzados atletas que conqueriron rematala prova. Nembargantes como opinión xeral considerouse un completo éxito tanto deportivo como organizativo.

En categoría masculina a victoria sonreiu o vigués Óscar Piñeiro Pérez do clube Ourense Atletismo Academia Postal, e a victoria en categoría feminina foi prá atleta grovense Elena Naveiro Parada do Clube Atletismo Venturiña do Grove. Polo tanto Óscar Piñeiro e Elena Naveiro convertíronse con todo merecimento nos Campeones Galegos de Montaña 2008.

Este resultado confirma o bo intre deportivo que está a atravesar Elena , e que a convirte ademais nunha das mellores especialistas en Carreiras de Montaña a nivel nacional.


Foto de arquivo: Elena Naveiro

CLASIFICACIÓN XERAL MASCULINA (10 primeiros)

  1. Óscar Piñeiro Pérez (Ourense Atletismo) 1h02'31"
  2. Elpidio Gómez Sousa (ADAS PROINOR) 1h02'56"
  3. Manuel Prieto Gil (ADAS PROINOR) 1h05'39"
  4. Eleuteiro Couceiro (Independiente) 1h 06'07"
  5. Emilio Martínez Anta (Independiente) 1h07'32"
  6. Víctor Conde Cid (Veteranos Pabellón) 1h08'13"
  7. Manuel O. Pérez López (As Mariñas) 1h09'31"
  8. Javier López Dguez. (Atletics Club Aventura) 1h10'55"
  9. Javier Gómez Iglesias (Korpore Fitnes Carballino) 1h12'03"
  10. Rafael Rguez. Nogueira (Veteranos Pabellón) 1h12'18"

CLASIFICACIÓN XERAL FEMENINA (10 primeiras)

  1. Elena Naveiro Parada (Atletismo Venturiña do Grove) 1h20'48"
  2. Ingrid Rodríguez Vázquez (Independiente) 1h25'52"
  3. Nicol Campo Mosquera (Ourense Atletismo) 1h29'22"
  4. Montserrat Carreira Costas (Comesaña Sporting Club) 1h33'22"
  5. Pilar González Iglesias (Burgas Atletismo Ourense) 1h45'47"
  6. María Dolores González Enríquez (Independiente) 1h46'14"
  7. Lourdes Prieto Viéites (Milla de Ouro) 1h46'57"
  8. Lucía Ruiz Ballester (Independiente) 1h58'19"
  9. Elvira Taboada Ruiz (Independiente) 1h58'20"
  10. Patricia Quintás Carreira (Comesaña Sporting Club) 2h 01'16"

Resultados completos no seguinte enlace: www.concelloesgos.com/2andaina/resultados_carreira_esgos_2008.pdf


jueves, 5 de junio de 2008

GRAN FONDO DEL OLMO (PONTEDEUME) 01/06/2008




A atleta do Atletismo Venturiña do Grove Elena Naveiro e Santiago López Rodríguez de Porriño, foron os vencedores absolutos da clásica carreira do Fondo do Olmo, duns 18.400 mts. aproximadamente de percorrido moi exixente, disputada o pasado 01 de xuño na localidade coruñesa de Pontedeume. 124 atletas de toda Galiza chegaron á meta situada diante da Asociación de Veciños, e a cronametraxe foi a cargo da empresa Cronotec, onde a novidade pra moitos foron os dorsais co chip adosado ao mesmo.
Elena realizou unha brilante carreira acompañado do ourensán afincado no Grove e actual presidente do Atletismo Venturiña Eduardo Morais a modo de lebre, e rematou a mesma cun tempo de 1h 17'16", como primeira fémina , e no posto 31ª na clasificación xeral absoluta (homes-mulleres). Eduardo Morais, que inda está a recuperarse das suas lesións entrou no posto 32º en 1h 17'16".
O fin da festa foi amenizada por unha compañía de bailes orientáis e unha rápida entrega de premios nos que ademáis duns fermosos trofeus foron agasallados con regalos.
E pra rematar unha churrascada popular.
CLASIFICACIÓN XERAL MASCULINA
1º SANTIAGO LÓPEZ RODRÍGUEZ (PORRIÑO) 1H00'16"
2ºÁNGEL MACEIRAS LAGO (SAR-GESPA) 1H 05'03"
3ºROBERTO GONZÁLEZ PASCUAL (EL BIERZO) 1H 05'14"
4ºMANUEL OLIVER PÉREZ LÓPEZ (AS MARIÑAS) 1H05'45"
5ºJESÚS ÁLVAREZ RODRÍGUEZ (CORUÑA COMARCA) 1H07'05"

CLASIFICACIÓN XERAL FEMININA
1ª ELENA NAVEIRO PARADA (ATL. VENTURIÑA) 1H17'16"
2ª TEREZA CTVRTNICKOVA (INDEPENDIENTE) 1H30'04"
3ª PAMELA RODRÍGUEZ MILAZZO (EGOVARROS) 1H31'31"
4ª MAGDALENA SÁNCHEZ CARBALLO (AS MARIÑAS) 1H34'35"
5ª MARISA BARREIRA FUENTES (INDEPENDIENTE) 1H35'14"

POR CATEGORÍAS:
1º JUNIOR MASCULINO: ÓSCAR SUÁREZ BOTANA (ORDES)
1º PROMESA MASCULINO: MARCOS PARDO GARCÍA (SANTIAGO)
1º SENIOR MASCULINO: ANGEL MACEIRAS LAGO (SAR-GESPA)
1ª SENIOR FEMENINA: ELENA NAVEIRO PARADA (ATL. VENTURIÑA)
1º VET. A MASCULINO: SANTIAGO LÓPEZ RODRÍGUEZ (PORRIÑO)
1ª VET. A FEMININA: PAMELA RODRIGUEZ MILAZZO (EGOVARROS)
1º VET. B MASCULINO: EMILIO MARTÍNEZ ANTA (AS MARIÑAS)
1º VET. C MASCULINO: JOSE LOSADA MARRA (VETERANOS PABELLÓN)
1ª VET. C FEMENINA: MAGDALENA SÁNCHEZ (AS MARIÑAS)
1º VET. D MASCULINO: JOSÉ L. LÓPEZ FERNÁNDEZ (PINAR DE DONIÑOS)
1ª VET. D FEMININA: Mª CARMEN RODRÍGUEZ DEL RÍO (ORDES)
1º VET. E MASCULINO: ANTONIO CABANA OROSA (PINAR LOBADIZ)
1ª VET. E FEMININA: ISABEL BREA POSE (EGOVARROS)
Fotos de: Antonio Navarro Cortizo, nacho_s1600(foro correrengalicia)
www.flickr.com/photos/ollar/