jueves, 28 de febrero de 2008

V CARREIRA DE S.VALENTIN (ASTURIAS)

Elena Naveiro participou este ano na V Carreira de S.Valentín (Tazones-Asturias) o día 16 de Febreiro, carreira sobre unha distancia de 12.800 metros.

O gañador da proba foi o atleta José Fuentespila Ortiz (METAVI) cun tempo de 40´35´´, seguido por Gonzalo Álvarez Toledo (Sport Life) cun tempo de 42´12´´, e terceiro clasificado foi José Pablo Casielles Martínez (Esnova Gijón Atletismo) que realizou o recorrido cun tempo de 42´51´´.

Na categoría feminina a gañadora foi Itziar Méndez López (Universidad de Oviedo) que realizou un tempo de 51´04´´, a segunda clasificado foi Elena Naveiro Parada (ALTETISMO VENTURIÑA O´GROVE) cun tempo de 51´54´´ a 50´´ da primeira clasificada e en terceiro lugar chegou a alteta Eva María Braña Fernández (Oviedo Kayak-Feve) que chegou a 9´´ de Elena Naveiro cun tempo de 52´03´´.

No hay comentarios: