sábado, 20 de septiembre de 2008

X Carreira Popular "Festa do Marisco"

Falta unha semana para a X Carreira Popular "Festa do Marisco" que se vai celebrar o Domingo 28 de Setembro sobre un circuíto de 6.700 metros, salvo cambio nesta edición.

A pasada edición contou coa participación de 105 atletas e resultou gañador o atleta de Portugal Jorge Pinto, e na categoría feminina a tamén portuguesa Fernanda Miranda.

Falando desta carreira, remontámonos o ano 1999, onde se celebrou a 1ª edición sen ter ningún arquivo onde poder consultar ese evento.
No seguinte ano , no 2000 victoria de Alejandro Pesado. A carreira estaba un pouquiño aletargada, pero facíase con entusiasmo. Nas categorías menores moita rapazada local. En maiores pouquiña cantidad (25 a 30 atletas). Salíase da Praia do Corgo, cruzábase a Ponte da Toxa e despois de uns 500 mts volta pra meta. Quizais un pouquiño curta.
No ano 2002 gañou o atleta de Poio Rafael Fuentes seguido dun atleta xa retirado como Javier Vázquez.
A mesma tónica no ano 2003,onde gañou o que agora esta afincado no Grove Eduardo Morais e mellorando no 2004, ca anécdota de que a carreira tivo un percorrido de 13.500 mts, algo insólito por aquí, que deixou sen folgos a maís de un. Gañou Elías Domínguez e en mulleres a grovense Elena Naveiro. A participación xa superou os 50 participantes de toda Galicia.
A revolución chegou no 2005, onde se melloraron moitas cousas e vimos como 184 atletas disputaban xa do recorrido actual de 6.700 mts. A calidade foi moi alta e difícil de mellorar. Victoria de Pedro Nimo e da portuguesa Fernanda Miranda, pero ademais estiveron atletas como Luis Sá, Suso de la Fuente, Rafa Fuentes, Joaquín Dosil, Elías Domínguez, Adrián Pena, Jose Correia, Daniel de la Torre, Antón Amoedo, e en mulleres, aparte da nosa atletas locales Elena Naveiro e Mª José Triñanes, estiveron atletas importantes como Mª Jesús Gestido, Julia Vaquero, Patricia Pereira, Esther Pedrosa, etc. Coido que foi ata o este intre a mellor edición, tanto en participación como en calidade. No ano 2006, a pesar de ter a competencia da Media Marathón de Pontevedra e da Carreira de Brión, coido que non estivo tan mal 142 atletas de España e Portugal. Gañou Ramallo seguido do Portugués Correia e en mulleres unha atleta de calidade como Marta Fernandez, Sandra Mosquera, etc...



Gañadores da pasada edición


Podium categoría Senior Masculino

No hay comentarios: