martes, 10 de febrero de 2009

Historia dos "Venturiñas"

Inaguramos unha nova sección, na que os integrantes do Atletismo Venturiña explican o porqué da súa afición ó "running", os seus comezos, e diferentes anécdotas ocorridas nas carreiras populares. O primeiro en facer acto de presencia será o vigués Miguel Marzoa.Iste é o relato do seu puño e letra:

"Miguel Marzoa chegou ó Venturiña do Grove en marzo do 2008, polo que está próximo o seu primeiro aniversario como membro do clube. A súa é unha historia peculiar, xa que sempre practicou deporte desde pequeno. Ós 9 anos comezou no fútbol-sala, deporte que non abandonaría ata o 2007 (xogando como porteiro), e ó longo de 18 anos, estivo tamén federado en Squash (con 12 e 13 anos) e Ciclismo (en categoría xuvenil, e conseguindo o dubifoso título de farolillo vermello no Campionato Galego contrarreloxo de 1999). Hai que lembrar que o noso venturiña Eloy tamén fóra ciclista, e con unha destacada presencia. Miguel disfrutaba co deporte pero co paso dos anos,e coa chegada da "dura vida laboral", había que elexir. Debido a diferentes lesións, tanto de tobillo coma de muñeca, o mellor era deixar o fútbol-sala. E así foi como no abril do 2007, e para manterse en forma, comeza a acudir a Castrelos animado por un amigo que levaba disputadas, entre outras probas, 3 Vig-Bay. Ó principio os "adestramentos" (se poden chamarse así) eran moi suaves, xa que adoitaban ser de 40-45 minutos, e a un ritmo de 5:30 min/km. Por suposto, escoitar que había xente que hacía unha medio marathon en 1h30min era algo que se escapaba do seu alcance. Pero xa sabedes que isto do running engancha. Así pasouse de adestrar 2 ou 3 días en Castrelos a facelo case a diario, e pouco a pouco aumentando a intensidade e a duración dos entrenos. Sen embargo, o tema das "Populares" víase como algo lonxano, quizáis por medo a face-lo ridículo... Os populares din que a primeira carreira popular é normalmente inesquecible. Miguel pode dar fé diso, xa que disputou a súa primeira popular no agosto do 2007 en Almería, onde adoita veranear na casa duns familiares. A proba era unha carreira de 10 kms, a "Agua-Carbo", que discorre entre as localidades de Agua Amarga e Carboneras. Unha fermosa proba que serviu de estreo para Miguel e onde consiguio un tempo de 45'29", se cadra discreto a data de hoxe, pero naquela época foi considerado un éxito. Un ano despois, no 2008, e na mesma carreira, o tempo foi de 40'15", boa mostra da positiva evolución rexistrada nos últimos meses. E como asegura o anuncio das Pringles, "Cando fas "pop", non hai stop". O mesmo que nos pasa ós corredores populares, que unha vez participas nunha carreira e rematas contento, afrontas a seguinte proba con moita ilusión, con ganas de superar os teus tempos, de sacar vantaxe o teu compañeiro de adestramentos, de coleccionar camisetas conmemorativas que ás veces nin tan sequera chegas a estrear... Ademáis dos aspectos deportivos/competitivos, Miguel atopou no running unha maneira de manterse en forma e mesmo de baixar de peso, cosa que antes non conseguira facendo outros deportes. Cada un encontra o seu motivo para correr...o importante é que hainos...e moitos!! Xa desde ese verán de 2007, foron varias as probas disputadas, e moitos os amigos feitos. Compre lembrar que a chegada ó Venturiña foi gracias a Elena Naveiro, coa que coincidía ás veces por motivos de traballo e quen me comentou a posibilidade de formar parte do clube. Como anécdotas salientables, a verdade é que aínda é pronto para poder contar algo salientable, máis neste tempo, ocorreron cousas como que na carreira de Campañó despisteime no quecemento previo á carreira e gracias a Protección Civil que me avisaron a gritos do comezo da proba agardaron a que chegara á liña de saída. Ou a participación na Carreira de San Xoán do Monte (Vigo), que coincidiu coa Pedestre de Santiago, e Miguel acadou a 2ª plaza do podium...nunha proba que deberon disputar unhas 30 persoas (...) De cara o futuro, as metas máis "inmediatas" son a disputa da Vig-Bay, co obxectivo de facer un tempo de 1h25min, correr alguna proba de 10kms por debaixo dos 38', e superar nos 5kms ós 17'57" conseguidos na Carreira de Ponteareas, aínda que éste xa é un obxectivo máis complicado."

Agardamos as vosa historia en rodicio@gmail.com

No hay comentarios: