martes, 23 de junio de 2009

I CARREIRA POPULAR DO MERCANTIL (VIGO)


O pasado domingo 21, en horario de 10:30, disputouse a Primeira Edición da Carreira Popular do Mercantil de Vigo. O forte calor rexistrado e a disputa do Campionato Galego de Medio Maratón na Coruña restáronlle participación a esta curta pero esixente carreira, que alterna no seu percorrido tramos de asfalto, herba, e terra e con durísimas pendentes.O noso clube viuse representado por Miguel Marzoa, que levaba 2 semanas sen adestrar por culpa dunha fascitis plantar e probouse nesta carreira para calibrar as súas sensacións. O final da mesma, o resultado foi un posto 32º sobre 92 participantes que completando os 8,700 metros da proba nun tempo de 38'37", cun ritmo de 4'27"/km.

O vencedor absoluto foi Elías Domínguez, por diante dos veteráns Rafael González e Óscar Fernández Villar. En féminas gañou Elvira Gallo Llamazares, secundada por Carmen Costas Rodríguez e Patricia Arribas Davila.
Información: Miguel Marzoa
Fotos: Miguel Marzoa

No hay comentarios: