viernes, 11 de abril de 2008

IX VIG-BAY 2008

O pasado 6 de Abril disputouse en Vigo a IX Media Maratón Gran Bahía (VIG-BAY).
Baixo unha condicións climáticas favorabeis.
Cabe destacar a participación por parte do clube Venturiña na categoría masculina a FRANCISCO VIDAL BEA e na categoría feminina a ELENA NAVEIRO.

O gañador da proba foi Yossf El Kalai que realizou un tempo de 1:04:21, cunha media de 3:03 o km.

En segundo lugar entrou Elias Salvador Dominguez Cabral que empregou un tempo de 1:07:33 a 3´12´´ do 1º clasificado.

En terceiro lugar entrou na meta Daniel Bargiela Araujo cun tempo de 1:07:39, a tan só 6 segundos do 2º clasificado.

Cabe destacar tamén a actuación dos atletas do clube:
Francisco Vidal mellorou o seu tempo na Media Maratón 5´ con respecto o ano anterior, realizou o percorrido nun tempo de 1:20:50 entrando en meta no posto 79º e no 27º da súa categoría.

Elena Naveiro tamén mellorou o seu tempo con respecto o ano anterior con 1:30:01 e quedou na 5º posición na categoría feminina.O récord de Elena está en 1:29:07 realizado o 07/10/07 na Media Maratón de Pontevedra.

Tamén participou un atleta local do pobo, Juan Carlos Beltrán Giráldez, que realizou un tempo de 1:51:51.

O récord do clube en Media Maratón foi realizado por Eduardo Álvarez Morais o 04/12/05 na Media Maratón de Ferrol cun tempo de 1:12:29.

No hay comentarios: