domingo, 22 de junio de 2008

IV Carreira Popular Pedestre de A Silva



A mañá do domingo día 22 de xuño, celebrouse a IV Carreira Popular Pedestre de A Silva,no concello de cerceda, contou coa presenza duns aproximadamente 1.000 atletas entre categorías inferiores dende chupete ata os veteráns. As provas comezaron ó redor das 11:00 horas, a carreira absoluta disputouse sobre unha distancia de 7.500 metros aproximadamente.

  • Martín González acadou o 1º posto na categoría Xuvenil.
  • Elena Naveiro acadou o 3º posto na categoría Feminina.


CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN (femenina e masculina)
- CHUPETE: nacidos no 2003 e posteriores
- PITUFO: nacidos no 2002-2001
- BENXAMÍN: nacidos no 2000-99
- ALEVÍN: nacidos no 98-97
- INFANTIL: nacidos no 96-95
- CADETE: nacidos no 94-93
- XUVENIL: nacidos no 92-91
- XUNIOR: nacidos no 90-89
- PROMESA: nacidos no 88-87-86
- SENIOR: nacidos entre 1985 e 1974
- VETERÁNS: dende 1973 e agrupados de 5 en 5 anos (1973-1969, 1968-1964, 1963-1959, …).
- DISCAPACITADOS: (correrán na categoría que lle corresponda por idade).
- AFICIONADOS: nacidos en 1990 e anteriores(só atletas non federados).


Esta carreira que foi gañada por Alejandro Pesado na categoría masculina é Chus Valiño na categoría feminina, contou coa participación de 2 atletas do clube Venturiña e cun corredor grovense.

A carreira contou coa participación de Elena Naveiro Parada que acadou o 3º posto absoluto feminino é con Martín González Pérez que apesar de realizar unha mala carreira e lesionarse na disputa da mesma conseguiu acadar o 1º posto na categoría Xuvenil.
Tamén contou coa participación do atleta grovense Fco.Javier González Domínguez que xa é asiduo a este tipo de carreiras populares.

Tamén como un habitual nas carreiras como non podía ser de outra forma desprazouse ata Cerceda o bailarín Manuel Trillo, Illa de Arousa.










Fotos tomadas por Vicky en: http://picasaweb.google.com/CorrerEnGalicia
Máis fotos próximamente en: http://picasaweb.google.es/Atl.Venturina

No hay comentarios: