lunes, 5 de mayo de 2008

Carreira Popular Aios

VICTORIA DE ELENA NAVEIRO E DE RAFA FUENTES NA CARREIRA POPULAR DE AIOS

A grovense Elena Naveiro do Atletismo Venturiña do Grove en féminas e o atleta de Poio Rafael Fuentes Lubián do Universidad de Oviedo, adxudicáronse a Carreira Popular de Aios disputada o 03/05/08.
Sobre medio centenar de participantes tomaron parte nesta carreira que contou cunha alta participación de atletas do clube e grovenses.

Elena Naveiro, Martín González, Diego Vázquez, Francisco Míguez, Alvaro Barral, Mª José Triñanes e Fco Javier González foron os atletas grovenses participantes nesta proba.

  • Elena Naveiro, acadou o primeiro premio feminino na súa categoría.
  • Mª José Triñanes tamén acadou o primeiro premio feminino na súa categoría.
  • Martín González acadou o primeiro premio na categoría Xuvenil masculino.
  • Diego Vázquez, Francisco Míguez é Alvaro Barral tamén acadaron respectivos premios nas súas categorías.

No hay comentarios: