A carreira popular "Batalla de Cacheiras" celebrouse o día 1 de Maio sobre unha distancia de 8 kms e cunha participación duns 100 participantes na carreira absoluta. Competiron na mesma os atletas do Atletismo Venturiña, Elena NaveiroParada, Martín González é Antonio David Rodríguez Garrido. Ademáis contou ca participación do grovense Marcelino Rodríguez Garrido.
En féminas a victoria sonreiu a atleta do Clube Atletismo Venturiña, que invertíu un tempo de 31'21", segunda clasificada foi Pamela Rodríguez Milazzo do clube Egovarros (33'36"), e terceira foi para a atleta lalinense Vanessa Weber do clube Atletismo Deza (35'19"). En homes victoria cómoda pra o atleta de Porriño Santiago López Rodríguez cun tempo de 24'36", 2º foi Ángel Maceiras Lago do Atl. Sar, e 3º foi Manuel Viéites Carballo do clube Atl. Coruña.
David Rodríguez Garrido quedou no posto 32ª da clasificación xeral con 32'06", e Marcelino Rodríguez Garrido finalizou no posto 33º da xeral con 32'12".
Podedes consultar a clasificacións de tóda-las categorías no seguinte enlace:
www.cacheiras.org/CarreiraPedestre/CarreiraPedestre.htm
Fotos de : http://picasaweb.google.es/Correrengalicia
Video Carreira : http://www.vimeo.com/963986
lunes, 5 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario