miércoles, 11 de junio de 2008

IX CROSS POPULAR "ERGUETE" A TOXA 07.06.08

Moita expectación entre o numerosísmo público

Saída da carreira absoluta.

Saída da carreira absoluta (2)

Alfredo Bea entregando o trofeo ó vencedor absoluto David "Meco"

Rapaza agraciada ca bicicleta no sorteo , xunto con Carmen Cacabelos e o Alcalde Meco Xosé A. Cacabelos.

Saída da carreira ESO e COU
Fotos e información da reportaxe: todogrove.com

A mañá do sábado día 07 de xuño, celebrouse no interior do circuito do Monte Central da Illa da Toxa o tradicional Cross O Grove-Érguete, ca presenza duns aproximadamente 500 atletas escolares e populares e uns 300 espectadores. Lembremos que este circuito ten unha distancia de 1 km. e é un lugar idóneo prá a disputa de disciplinas deportivas coma o atletismo, ciclismo ou pra o ocio dos paseantes, debido o perfil e tipo de terreno e o entorno do mesmo. A provas comezaron ó redor das 10'30 horas.

Botouse en falla a presenza da Carreira Absoluta para federados e populares que durante estos tres últimos anos adornaban la final da xornada. Este ano, por motivos laborais, os organizadores da citada carreira , pertencentes ó Atletismo Venturiña, non poideron ser da partida. No obstante, a derradeira carreira de 1 km foi moi interesante e disputada ata o derradeiro metro con victoria do remeiro local David "Meco", seguido polos atletas do Atletismo Venturiña Martín González Pérez , que ademáis acababa de disputar unha carreira de 2 kms na sua categoría uns minutos antes, e Diego Vázquez Remigio.

Nesta derradeira prova gañaron trofeo o primeiro e primeira clasificados absolutos, o primeiro e primeira pai e nai e o primeiro avó.

Á finalización das competicións cada rapaz foi agasallado cunha camiseta, un bocadillo e un refresco e celebrouse ademais un sorteo dunha bicicleta e varios agasallos.

Carmen Cacabelos, coordinadora de Érguete agradeceu a colaboración de pais, mestres, voluntarios, ANPAS e Concello pra que este fermoso acontecemento fora posibel.

Na entrega de premios estiveron presentes varias autoridades locais como o Excmo. Sr. Alcalde de O Grove D. José Antonio Cacabelos, o Concelleiro de Deportes D. José Alfredo Bea e a Concelleira de Servicios Sociais Dña. María Ángeles Domínguez.

CLASIFICACIÓN POR CATEGORÍAS:

Infantil:
1º Pablo Pérez Peña (Rosalía de Castro)
1ª Iría Cao Magdalena (Rosalía de Castro)

1º Ciclo:
1º Brais Triñanes Lois (Valle Inclán)
1ª Lucia Lamas Muñíz (Valle Inclán)

2º Ciclo:

1º Xoel Blanco Iglesias (Valle Inclán)
1ª Nerea Soutullo (Conmeniño)

3º Ciclo:
1º Iván Fandiño Dovalo (Rosalía de Castro)
1ª Sara Bravo Bravo (Rosalía de Castro)

1º e 2º da ESO:
1º Juan José Costas (Club de Remo Mecos)
1ª Yolanda Otero

3º e 4º da ESO:

1º Pablo Mourelos

BACH. (Distancia 2kms)
Martín González Pérez (Atletismo Venturiña do Grove)

CARREIRA ABSOLUTA (Distancia 1km)
1º David "Meco" (Club de Remo Mecos)
Martín González Pérez (Atletismo Venturiña do Grove)
Diego Vázquez Remigio (Atletismo Venturiña do Grove)

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Son un corredor aficionado do Grove, e non me gusta nada no que se convertiu o cross popular dende que se trasladou de Feans. Olvidouse a orixe desta carreira pasando a despreciar os corredores locais que apoiamos o evento dende os seus inicios. Claro exemplo foi o non dar trofeos aos mellores corredores locais o ano pasado. Despreciades aos da casa e este ano como non veñen de fora corren catro gatos e facedes unha pantomima de un km para marchar rápido para casa e esperar que o ano próximo volvan as grandes estrelas foráneas.
Levaba oito anos participando, este non puiden pero ainda así quitáranseme moito as ganas.

Anónimo dijo...

Mira Gatuso. En primeiro lugar. Creo que estas bastante errado nos teus comentarios.
Atletismo Venturiña non é nin foi nunca a Organizadora do cross de érguete.Nos, simplemente botamos unha man. A Organizadora deste evento deportivo é O GROVE ERGUETE.
Eu so fun un simple colaborador nos anos 2005,2006, e 2007.
Endexamáis se esqueceron os corredores locais. Os tres derradeiros anos que eu en persona e como presidente do Venturiña colaborei desinteresadamente sempre houbo trofeos os primeiros locais, trofeos todo sexa dito pagados do meu peto persoal. E falamos de mas de 20 trofeos cada ano.
3º Estos tres derradeiros anos anteriores 2005, 2006 e 2007, se fixo unha carreira absoluta cecais porque eu estiven loitando pra que o final da carreira dos nenos houbera un fin de festa con atletas de toda Galiza, e eu publiciteina en internet, e gastei cartos e tempo pra que fora adiante sen ningunha axuda nin de Concello, nin de Anpas, nin de Erguete , nin de ninguén. O único e bastante importante é que o circuito xa estaba montado. Simplemente puxemos esta carreira absoluta pra promocionar este deporte no Grove e dar un pouco de espectáculo .É mais. Incluso propusen abrir as carreiras dos nenos pra toda Galicia, pra darlle mais relevancia a este cross, e tiven un rotundo non por resposta alegando que asi se lle quita protagonismo os nenos do Grove. Eu aceptei, pero sempre pensando en dar mais prestixio á prova, que repito nin me vai nin me ven e donde eu non saco ningun tipo de beneficio, senon que todo o contrario.

Repito, que sempre demos trofeo os primeiros locais, e incluso o primeiro ano que se fixo a carrera profesional lle demos os tres primeiros de O Grove. Nunca despreciamos os atletas locais.

Por último, decirte que este ano , eu por motivos laborais, estiven traballando fora do Grove nas datas do cross de érguete e como se veu a Organización, O GROVE ERGUETE, sen alguén que a organizase, a Organizadora optou por non facela, e simplemente montou unha carreira de 1 km de pais e nais, e non lle deron trofeos. Logo se descobreu que foi un erro da organización,por que houbo unha grave descordinación entre eles, e parece ser que soio daban un trofeo ao primeiro home absoluto , a primeira muller absoluta, ao primeiro pai, a primeira nai e a o primeiro avó.

O clube Atletismo Venturiña non ten rotundamente nada nin con esta derradeira carreira, nin ca organizacion de O Cross da Toxa.

O ano que ven, se eu estou por eiqui, e si me convence o proxecto, que este ano xa non me convenceu, xa que os organizadores querian que eu poñera outra vez os 20 trofeus pra carreira absoluta, cosa que eu sinceramente, non podo facelo, ao mellor voltamos a facer a carreira absoluta, onde, e que quede ben claro, non nos esquecemos dos atletas locais, os cales levarn un trofeo como lle corresponda.

Pra terminar , dígoche que estás un pouco errado, e que a "pantomima" que coma ti chamas a carreira de 1 km, non era a carreira profesional, senon que era a CARREIRA DE PAIS E NAIS, que creo que sempre se fixo . Que os catro gatos que viñeron a correla foi porque non se publicitou nada en internet, e foi xente que se enterou por casualidade ou o veu no periòdico, e non se fixo pra marchar rápido pra casa como dis . Creo que estás equivocado nos teus comentarios e que deberías contrastar a información antes de lanzar acusacións sen fundamento, e que me entristecen, porque un fai o que pode por promocionar o deporte, e se me criticases a carreira estando nela ese día ten un pase, pero, que me critique estando a mais de 600 kms de alí e sen ter nada que ver con iso, doe moito e che quitan as ganas de organizar nada.

Saudos, e se tes algunha dúbida de algo chama e aclararemos as cousas persoalmente.

Atentamente.

Eduardo Morais
Presidente do Atletismo Venturiña

Anónimo dijo...

Perdoa se te sentiches ofendido persoalmente, obviamente as miñas críticas van hacia a organización, e este foro pareceume o lugar axeitado para vertelas. Ainda así debo decirche que o ano pasado non se deu recoñecemento aos mellores corredores locais, cousa que si se fixo no 2006 (noraboa Garrido).
Reitero as miñas disculpas hacia o clube Venturiña e persoalmente ao presidente e espero e desexo que para o ano todo mellore.

Anónimo dijo...

Disculpas aceptadas. O ano pasado o primeiro local foi Francisco Vidal Bea do noso clube. Quedou no posto 10º da xeral. Chamareino por tfno, por que agora non recordo se lle deron trofeu por primeiro local.

Coma tí, non me gustou que este ano, non se fixera a carreira absoluta, inda que eu non estivera organizándoa. Non teño que ser imprescindible e se tiveron que implicar máis nun proxecto que cada vez ten máis demanda dos atletas mecos.

Saudos.

Edu Morais