O día 29 de Xuño as 10:00 da mañá en Redondela douse a saída a I Carreira Popular Vila de Redondela, que contou coa participación por parte do clube de Elena Naveiro e de Eduardo Álvarez Morais.
Tanto Elena Naveiro como Eduardo Álvarez Morais resultaron gañadores absolutos tanto da categoría masculina como feminina. Dominio absoluto do Clube Atletismo Venturiña en Redondela.
Eduardo Álvarez que reaparecía despois dunha longa etapa no dique seco por diversas lesións e despois de disputar algunha carreira anteriormente sen forzar moito, volve a senda das victorias.
martes, 8 de julio de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario