lunes, 21 de julio de 2008

VICTORIA DE ELENA NAVEIRO NA XII SUBIDA Ó MONTE ALOIA

Eduardo Morais (4º clasificado xeral)

Foto procedencia: atletismotui.es




O pasado 19 de xullo na localidade fronteiriza de Tui, disputóuse a tradicional Subida Ó Monte Aloia que este ano cumpría a súa décimosegunda edición. A prova tiña unha distancia duns 8.700 mts cun desnivel medio dun 15 %, con meta na cima do citado monte. A saída déuse ás 19'30 horas no centro da localidade baixo un sol de xustiza.Perto duns 200 atletas de toda Galiza e Portugal foron da partida, e cabe destacar a victoria en categoría masculina do santiagués Alejandro Pesado do clube SAR de Santiago e en féminas da grovense do Atletismo Venturiña Elena Naveiro. Elena invertíu un tempo de 46'43".
Eduardo Morais, presidente e atleta de este clube, conqueriu o 4º posto da clasificación xeral cun tempo de 39'03". Outro atleta do clube que participou foi o vigués e afincado en Ourense Miguel Marzoa que acadou o posto 51º da xeral cun tempo de 47'30".


CLASIFICACIÓN MASCULINA

1º ALEJANDRO PESADO (SAR) 38'00"
2º JOSÉ IGLESIAS (VAL MIÑOR) 38'42"
3º ELISIO LOPES (PORTUGAL) 38'49"
EDUARDO MORAIS (AT.VENTURIÑA) 39'03"
5º MARIO RIBEIRO (PORTUGAL) 39'05"


CLASIFICACIÓN FEMENINA

ELENA NAVEIRO (AT. VENTURIÑA) 46'43"
2ªDIAZ CARREIRO (VIGO) 52'39"
3ªMONTSERRAT CARREIRA (VIGO) 58'18"

Resultados completos no seguinte enlace: http://www.aloia.cronotec.org/aloiaxeral.htm




Información de: Supermorais

No hay comentarios: