martes, 8 de julio de 2008

I Carrera Popular Concello de A Estrada

A mañá do sábado día 28 de xuño, celebrouse a I Carreira Popular de A Estrada. As provas comezaron ó redor das 11:00 horas, a carreira absoluta que se disputou sobre as 12:00 disputouse sobre unha distancia de 6.500 metros aproximadamente, sobre un traxecto cómodo pero con algunha que outra costa moi dura durante o último terzo da carreira.

A I Carreira Popular de A Estrada contou coa participación de 3 atletas locais, Elena Naveiro (Atl.Venturiña), Martín González (Atl.Venturiña) e Fco. Javier González.

A saída da carreira estaba situada na alameda do Axuntamento da Estrada e contou coas seguintes categorías dependendo da idade dos participantes:

PREBENXAMÍN E ANTERIORES: atletas nados no 2001 e anteriores
BENXAMÍN: atletas nados no 99/2000
ALEVÍN: atletas nados no 97/98
INFANTIL: atletas nados no 95/96
CADETE: atletas nados no 93/94
XUVENIL: atletas nados no 91/92
JUNIOR: atletas nados no 89/90
PROMESA: atletas nados no 86/87/88
ABSOLUTO: atletas nados antes do 1987.

Durante o transcurso da carreira houbo diversos problemas nos cruces e algún dos corredores que loitaban pola victoria da carreira veu frustrado o seu intento por perderse durante o transcurso da mesma, por falta de persoal e presenza policial debido a un accidente que se produxo sobre esas horas e que movilizou a maior parte dos efectivos que estaban destinados na carreira así como as dúas ambulancias que tamén estaban na carreira e que tuberon que acudir a tal percance.

Cabe destacar a actuación de Elena Naveiro que acadou o 1º posto na categoría feminina con gran solvencia por diante da 2ª clasificada Silvia Deiro.
Martín González Pérez pola súa parte acadou a primeira posición na categoría Xuvenil masculino.

No hay comentarios: