XIX CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NEGREIRA 09.11.2008
Un dos recentes fichaxes do Venturiña XAVI RODICIO acadou o posto 135º cun tempo de 40'15" nunha distancia final de 10 kms, carreira gañada polo keniano Titus Masai con 29'49".
II CARREIRA POR MONTAÑA DE PARADA DO SIL (OURENSE) 19.10.08
O pasado 19 de outubro na localidade ourensán de Parada do Sil, disputouse a II Carreira de Montaña Campionato Galego de Carreiras en Montaña nunha distancia de 33 kms onde a atleta do Venturiña Elena Naveiro acadou a 3ª posición na categoría fiminina nun tempo perto das 5 horas, onde tivo un erro no km 30 collendo outro camiño e estivo literalmente perdida por un tempo superior os 30 minutos , cando estaba destacada con diferencia na 1ª posición fiminina.
XXXI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO 26.10.2008
Na XXXI Carreira Pedestre Popular de Santiago celebrada o pasado , estiveron presentes atletas do clube Venturiña cos seguintes resultados:
POSTO:
142º FRANCISCO VIDAL BEA 44'22" (MEDIA 3'42")
179º ELOY CAMPOS DACOSTA 45'02" (MEDIA 3'46")
354º DIEGO VÁZQUEZ REMIGIO 47'17" (MEDIA 3'57")
518º XAVIER RODICIO 49'05" (MEDIA 4'16")
III CARREIRA POPULAR DE O BARCO 02.11.2008
Na III Carreira Popular de O Barco sobre unha distancia de 7 kms un único representante do Venturiña:
7º clasificado xeral ELOY CAMPOS DACOSTA 24'59"
LIBERTY RACE FAMILY (OPORTO) 26-10.2008
ELENA NAVEIRO acadou a 7ª posición (59'46")na categoría fiminina nesta carreira disputada ao mesmo tempo que a Maraton de Oporto , e que constaba de 15 kms e que foi a gañadora a internacional lusa MARISA BARROS.
I CARREIRA A ESCUSA 02.11.2008
Por último na I edición de A Escusa en Castrove-Pontevedra, celebrada o pasado 02 de novembro con 12 kms de distancia DIEGO VAZQUEZ REMIGIO acadou o 23º posto da xeral con 50'19", e XAVI RODICIO finalizou no posto 27ª con 50'55".
lunes, 10 de noviembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario