miércoles, 19 de noviembre de 2008

RESUMEN DA TEMPADA 2007-2008


Resumindo o que aconteceu na tempada 2007-2008, podemos dicir que o clube mantivo o nivel de anos anteriores, participando en actividades como colaborando na organización en carreiras populares como a da Carreira Popular Festa do Marisco ou a I San Silvestre Solidaria da Toxa, e participacións en moitas carreiras populares , medias maratóns, crosses como o Campionato Galego de Cross , carreiras de montaña, etc..., con boas clasificacións en xeral, entre as que destaca a participación da única fémina do clube Elena Naveiro Parada a cal fixo unha excelente tempada con 15 victorias en carreiras populares entre outros resultados. Conseguíu ser Campiona Galega de Carreiras de Montaña da Federación Galega de Atletismo na localidade ourensán de Esgos, 5ª clasificada no Campionato Galego de Media Maratón celebrado en Vilagarcía , e gañadora do ” I Circuito de Carreiras Populares de Riveira”.

VICTORIAS TEMPORADA 2007-2008

CARREIRA POPULAR "LA BELLA OTERO" (CORDEIRO-PONTEVEDRA)
CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES (PONTEVEDRA)
CARREIRA POPULAR DE S. XOSÉ DE DENA (PONTEVEDRA)
SUBIDA A VILAVERDE DE PADERNE (OURENSE)
CARREIRA POPULAR DE AIOS (PONTEVEDRA)
CARREIRA POPULAR BATALLA DE CACHEIRAS (A CORUÑA)
CARREIRA POPULAR “VIRXE DA GUÍA” (RIVEIRA-A CORUÑA)
GRAN FONDO DEL OLMO (19 KMS)PONTEDEUME (A CORUÑA)
CAMPIONATO GALEGO DE CARREIRAS DE MONTAÑA (ESGOS-OURENSE)
CARREIRA POPULAR DE A ESTRADA (PONTEVEDRA)
CARREIRA POPULAR DE REDONDELA (PONTEVEDRA)
SUBIDA Ó MONTE ALOIA (TUI-PONTEVEDRA)
CARREIRA POPULAR DE PINTOS (PONTEVEDRA)
CARREIRA POPULAR DE OUTES (A CORUÑA)
CARREIRA POPULAR DA AMIZADE (BEMBRIVE-PONTEVEDRA)

2ª CLASIFICADA ABSOLUTA:

CARREIRA POPULAR DE S.VALENTIN (TAZONES-ASTURIAS)
CARREIRA POPULAR DE O CORGO (CORRUBEDO-A CORUÑA)
CARREIRA POPULAR SOLIDARIA DE VERANO (A TOXA-PONTEVEDRA)
CARREIRA POPULAR DE PORTONOVO (PONTEVEDRA)
CARREIRA POPULAR DE CUNTIS (PONTEVEDRA)

3ª CLASIFICADA ABSOLUTA:
CARREIRA POPULAR DE S.CIBRAO DE VIÑAS (OURENSE)
10 KMS VILA DE XINZO (OURENSE)
CARREIRA DE S. XOSÉ (AS PONTES-A CORUÑA)
CARREIRA POPULAR DE A SILVA (PONTEVEDRA)
CARREIRA POPULAR DE S.XOAN (VIGO-PONTEVEDRA)
CARREIRA POPULAR DE STA. UXÍA (RIVEIRA-A CORUÑA)
CARREIRA DE MONTAÑA DE PARADA DO SIL (33 KMS)(OURENSE)
4ª CLASIFICADA ABSOLUTA:
CARREIRA POPULAR DE RÁBADE (LUGO)
CARREIRA POPULAR DE PADRÓN (A CORUÑA)
CARREIRA DE S.ISIDRO (ROIS-A CORUÑA)
CARREIRA POPULAR DE LESTROVE

5ª CLASIFICADA ABSOLUTA:

MEDIA MARATÓN VIG-BAY (VIGO-PONTEVEDRA) 1h 30’01”
CARRERA DE LA MUJER (OPORTO)
CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA MARATÓN DE VILAGARCÍA (PONTEVEDRA)
CARREIRA DE S.XIÁN DE ARTES (RIVEIRA-A CORUÑA)
CARREIRA NOCTURNA DE VILAGARCÍA
CARREIRA POPULAR “FESTA DO MARISCO” (O GROVE-PONTEVEDRA)

Agardamos co esforzo de todos, mellorar ano a ano, facer o clube un pouquiño máis grande , con modestia, e cos actuais atletas e as novos fichaxes (Javier González, Jorge Arias, Xavier Rodicio e Eloy Campos), facer un bo grupo humano e deportivo. Tentaremos este ano por primeira vez na sua pequena historia, que poidamos participar cun grupo de atletas como clube no Campionato Galego de Cross e tamén coma non, no Campionato Galego de Media Maratón.

Tamén, e aproveitando que facemos o 4º aniversario da fundación do clube, me gustaría que estudiarades a posibilidade de que organicemos, aproveitando as festas navideñas, a 1ª Cena Oficial de Fin de Ano do Clube. Podedes deixar as vosas opinións, suxerencias ou inquietudes facendo nesta noticia un comentario, ou se queredes no correo oficial do clube. Que vos parece a idea?

Saúdos e MOITA SORTE NA VINDEIRA TEMPADA!!!!!!

Edu Morais
Presidente Clube Venturiña do Grove


No hay comentarios: