sábado, 7 de marzo de 2009

ELENA NAVEIRO CANDIDATA Á MELLOR DEPORTISTA FEMININA AMATEUR NA "V GALA DO DEPORTE MECO" A CELEBRAR EN O GROVE O 22 DE MARZO

Elena Naveiro Parada, atleta do clube Atletismo Venturiña do Grove, resultou finalista pra obtención do galardón á mellor deportista meca , neste caso na modalidade de "MELLOR DEPORTISTA FEMININA AMATEUR".

Parabéns Elena polo teu esforzo e bos resultados, e desexámoste moita sorte o día da Gala!.

O xurado reuniuse onte mércores para decidir quen son os finalistas. Ata o mesmo día da gala, que se celebrará o 22 de marzo no Pavillón de Congresos e Exposicións da Toxa, non se coñeceran os nomes dos afortunados gañadores.

Foron nove os clubs da localidade os que presentaron candidatos para as distintas categorías que reconllen as bases desta quinta edición da Gala do Deporte Meco. O xurado composto por representandes dos distintos medios de comunicación da comarca que durate o ano cubren o deporte meco propuseron como finalistas aos seguintes –a excepción da categoria de Mención ao Medio de Comunicación, que será elixida polos propios clubs–:

MELLOR DEPORTISTA MASCULINO DE ELITE

Antonio Campos, do CMDC Breogán.

David Mascato, do CMDC Breogán.

Martín Domínguez Sineiro, empezou no Rasoeiro BM, logo estivo noutros equipos coma o Teucro ou o Pozoblanco.

MELLOR DEPORTISTA MASCULINO AMATEUR

Fran Ameixeiro, do Unión SD.

Cristian Rivadomar Outeda, do CMDC Breogán.

Juanjo Barral, do Rasoeiro BM.

MELLOR DEPORTISTA FEMININA DE ELITE

Vanesa Lois, comezou no Rasoeiro BM e agora está no Balonmán Porriño.

Lara Díaz Valladares, do CMDC Breogán.

Carol González, que comezou no Rasoeiro BM e pasou tamén polo Porriño, La Calzada de Asturias e Balonmano Gijón.

MELLOR DEPORTISTA FEMININA AMATEUR

Raquel Gondar, do Rasoeiro BM.

Elena Naveiro Parada, do Atletismo Venturiña.

MELLOR PROMESA MASCULINA

Rodrigo Germande Barreiro, do CMDC Breogán.

Nicolás Estévez, do Pontevedra CF.

Elías Álvarez Soutullo, do Unión SD.

MELLOR PROMESA FEMININA

Uxía Núñez, do Rasoeiro BM.

Tania Álvarez, do CMDC Breogán.

Irene Sánchez, do Rasoeiro BM.

MELLOR CLUB

CB O Meco.

CR Mecos.

CMDC Breogán.

MENCIÓN AO DEPORTE ALTERNATIVO OU MINORITARIO

Club de Pesca O Isco.

O Grove Racing Team.

Sección de axedrez do CMDC Breogán.

MENCIÓN A UNHA VIDA ADICADA AO DEPORTE

Antonio Otero García “Zamora”, do SD Amanecer.

Manuel Outeda, do Rasoeiro BM.

Modesto Costas Aguín, do CR Mecos.

MELLOR ADESTRADOR

Benigno Fábregas Martínez, do CR Mecos.

Franscisco Parada “Quito”, do Rasoeiro BM.

Manuel Lois Costa, do Unión SD.

MENCIÓN AO EQUIPO DIRECTIVO

CR Mecos.

Asociación do Deporte Meco (ADM).

SD Amanecer.

MENCIÓN AO CLUB POLO TRABALLO COA BASE

Rasoeiro BM.

Unión SD.

CB O Meco.

MENCIÓN AO MEDIO DE COMUNUCACIÓN

Faro de Vigo.

Diario de Arousa.

Todogrove.com.

MENCIÓN AO PATROCINADOR

Cociña e baño Lume.

Restaurante Amalfi.

Residencia para maiores Santo Ángel.

MELLOR EVENTO DEPORTIVO

Regata da ACT

Festa do Deporte

Campus Internacional Juan de Dios Román

MELLOR COLABORADOR LOCAL

Empresarios Grovenses de Bens e Servicios (EMGROBES).

Concello do Grove.

Electrodómesticos Tecnolar.


INFORMACIÓN PROCEDENTE DE : M. Muñiz (www.todogrove.com)

No hay comentarios: