lunes, 23 de marzo de 2009

ELENA NAVEIRO GALARDONADA NA VI GALA DO DEPORTE MECO





Elena Naveiro acadou merecidamente o galardón como mellor deportista fiminina ameteur na VI Gala do Deporte Meco, na cal se distinguen ós mellores deportistas, adestradores, entidades deportivas, medios de comunicación e patrocinadores e colaboradores durante o ano 2009.

Parabéns Elena polo premio.!!!

Seguidamente, publicamos á crónica de http://www.todogrove.com/ sobre a velada do pasado domingo 22 de marzo.


O Concello entregou os premios aos mellores deportistas e entidades do 2008

lunes, 23 de marzo de 2009

Máis de trescentas persoas ateigaron o Palacio de Congresos da Toxa na celebración da V Gala do Deporte Meco, que foi presentada e conducida en clave de humor por un bufón. No apartado ao mellores deportistas de elite, o balonmán cobrou protagonismo cos galardóns a Martín Domínguez Sineiro, na categoría masculina e Vanesa Lois, no apartado feminino. O Club Remo Mecos fíxose co galardón ao mellor club do 2008. Tamén Todogrove recibiu unha Mención ao Medio de Comunicación, polo traballo informativo realizado en prol do deporte local.

Texto: J. Otero Fotos: M. Muñiz

O concelleiro de Deportes, Alfredo Bea, que se encargou de abrir a gala, destacou a importancia dos valores que fomenta o deporte. O Tenente Alcalde, Carlos Álvarez, mencionou que esta gala ten a intención de homenaxear a todos/as deportistas do Grove con ou sen premio. Logo das intervencións deuse paso á entrega de premios e mencións, os encargados de entregalos foron os membros da Corporación municipal.
Os premiados nas diferentes categorías foron:

MELLOR DEPORTISTA MASCULINO DE ELITE: Martín Domínguez Sineiro. Este xogador de balonmán empezou nas filas do Rasoeiro BM, logo estivo noutros equipos coma o Teucro ou o Pozoblanco, onde se retirou en maio do 2008. Recolleu o galardón o seu pai.

MELLOR DEPORTISTA MASCULINO AMATEUR: Cristian Ribademar Outeda. O padexeiro do CMDC Breogán logrou numerosas medallas de ouro, prata e bronce ademais de quedar campión do Campionato de España de Pista en C4 500 m e C2 200 m. Recolleu o premio o seu imán Adrián ao atoparse o galardoado en Sevilla disputando o XL Campionato de España de inverno.

MELLOR DEPORTISTA FEMININA DE ELITE: Vanesa Lois. Xogadora de balonmán que comezou no Rasoeiro BM e agora se atopa nas filas do Balonmán Porriño disputando a Primeira Autonómica feminina. Ante a súa ausencia da galardoada, recolleu o premio a secretaria do Rasoeiro BM, Patricia Sánchez.

MELLOR DEPORTISTA FEMININA AMATEUR: Elena Naveiro Parada. Atleta do Club de Atletismo Venturiña, acadou numerosos primeiros postos en diferentes carreiras de Galicia, Portugal e Asturias.

MELLOR PROMESA MASCULINA: Nicolás Estevez. Xogador do Pontevedra CF.

MELLOR PROMESA FEMININA: Tania Álvarez. A padexeira infantil do CMDC Breogán logrou o primeiro posto no Campionato Galego de K-1 e o subcampionato de España K-4. A galardoada tamén se atopaba en Sevilla disputando o XL Campionato de España de Inverno, recolleu o premio a súa irmá Amanda.

MELLOR CLUB: Club de Remo Mecos. Destacou no 2008 polas súas trece bandeiras en bateis, traiñeiriñas e traiñeiras. Ademais, o equipo xuvenil masculino de bateis e traiñeiriñas acadou o campionato Provincial, Autonómico e Estatal, un logro que ningún club de remo acadara antes. Recolleu o premio o seu presidente Juan Ramón Outeda.

MENCIÓN AO DEPORTE ALTERNATIVO OU MINORITARIO: O Grove Racing Team. Destaca por ser un deporte novo índole ademais de contar con membros de corta idade entre as súas filas. Recolleu o premio Ivan Mascato, un dos seus corredores máis novos.

MENCIÓN A UNHA VIDA ADICADA AO DEPORTE: Manuel Outeda. Foi presidente e directivo do Rasoeiro BM durante 18 anos acadando numerosas melloras para o club.

MELLOR ADESTRADOR: Francisco Parada “Quito”. O adestrador dos equipos infantil e cadete feminino do Rasoeiro BM. Logrou clasificar aos dous equipos para xogar o sector do Campionato de España.

MENCIÓN AO EQUIPO DIRECTIVO: Asociación do Deporte Meco (ADM). Esta asociación, que aglutina a practicamente todas as directivas dos clubs locais, naceu hai pouco máis dun ano de cara a traballar pola condicións do deporte do Grove. Recolleu o premio o seu presidente, Juan Cabanas.

MENCIÓN AO CLUB POLO TRABALLO COA BASE: Rasoeiro BM. Pola organización de actividades encamiñadas a potenciar o deporte de base como o Campus de A Lanzada, Campus Juan de Dios Román, Torneo captación de Talentos e Torneo Feminino O Grove Érguete. Recolleu o galardón a secretaria do club, Patricia Sánchez.

MENCIÓN AO MEDIO DE COMUNUCACIÓN: TODOGROVE.COM, pola súa labor de seguimento da información deportiva local, anunciando previamente os partidos, publicando os resultados e informando das incidencias dos encontros, así mesmo pola gravación en vídeo de moitos dos partidos. Recolleu José Antonio Otero, membro do equipo de TODOGROVE.COM.
Diario de Arousa especialmente pola súa cobertura do deporte base. Recolleu o premio, Yael Domínguez, fotografa do xornal.

MENCIÓN AO PATROCINADOR: Residencia para maiores Santo Ángel. Por colaborar co deporte e a mocidade, especialmente co Club Baloncesto O Meco. Marta, unha das empregadas da residencia, recolleu o premio en nome do seu propietario.

MELLOR EVENTO DEPORTIVO: Festa do Deporte. Este evento, organizado polo ADM celebrado o 8 de xuño, aglutinou durante un día a rapaces e maiores na práctica de todos os deportes. Recolleu o galardón o presidente da Asociación do Deporte Meco, Juan Cabanas.

MELLOR COLABORADOR LOCAL: Empresarios Grovenses de Bens e Servicios (EMGROBES). A Asociación representa a practicamente todas as empresas locais, que dan o seu apoio ao deporte e deportistas do Grove. Rosa Díaz, como membro da directiva, recolleu o galardón.


Entrega de Diplomas
Antes de finalizar o evento, o concelleiro de Deportes, Alfredo Bea, fixo entrega de diplomas aos equipos de diferentes clubs polos éxitos acadados no 2008.

Fútbol:
Sénior B do Unión SD, polo ascenso a 1º Autonómica, tras quedar subcampións de Liga.
Infantil do Unión SD, polo Ascenso a 1ª Provincial infantil
Benxamín B do Unión SD, por quedar subcampións de liga e campións da Copa Deputación.

Remo:
Equipo de feminas absolutas do CR Mecos, pola súa participación no Campionato de España de bateis e traiñeiriñas.
Xuvenil masculino do CR Mecos, por proclamarse campións Provinciais, Autonómicos e Estatais de bateis e traiñeiriñas.

Balonmán:
Infantil feminino do Rasoeiro BM, polo quedar subcampionas galega e pola súa participación no sector do Campionato de España.
Cadete feminino do Rasoeiro BM, polo quedar subcampionas galegas e pola súa participación no sector do Campionato de España.
Sénior masculino do Rasoeiro BM, polo cuarto posto na 1ª Autonómica e polo subcampionato de Copa.

Piragüismo:
Equipo infantil do CMDC Breogán, por rematar no quinto posto na VII Copa de España de Promoción.

No hay comentarios: