domingo, 8 de marzo de 2009

ELENA NAVEIRO 4ª CLASIFICADA NA VII CARREIRA POPULAR DE PADRÓN

Foto de: Jesús Bernal

Elena Naveiro acadou o 4º posto absoluto feminino, e 2ª clasificada na categoría senior, na VII Carreira Popular de Padrón.

Masiva participación do Venturiña ca participación de 9 atletas, récord de participación nunha carreira popular por este clube.

Perto de 600 atletas disputaron a prova absoluta que deu comezo as 17'30 horas con unha climatoloxía favorabel de 15º. A destacar a participación do recentemente campión do mundo de 3.000 metros en Pista Coberta de Veteranos Master 90 Julián Bernal Medina.

A victoria en categoría masculina foi pra o vigués, e recentemente 3ª clasificado no Campionato de España de Maratón celebrado en Sevilla fai poucas datas Elías Domínguez do clube Vig-Bay, o cal rematou a prova de case 10.500 mts, en uns bons 32'23", en 2º lugar ficou o ex-duatleta Daniel Bargiela Araujo do clube Atletismo Corredoiras, moi perto do vencedor con 32'26", e terceiro clasificado foi o veterano atleta de porriñés Santiago López Rodríguez do clube Atletismo Porriño, atleta que xa fai uns cantos anos chegou a ser Campión do Mundo Militar de Maratón, e que nestos intrés está nun estado de forma excelente, e rematou a prova cun tempo de 32'44", finalmente en 4ª posición remato o atleta do Val Miñor Antón Amoedo Giménez con 34'41".

En canto a categoría feminina a victoria sorriu a María Isabel Sáez Batallán de Santeles con 42'41", 2ª ficou a ilustre ex-atleta de gran nivel Esther Pedrosa con 43'22", 3ª Guadalupe Lodeiro do clube Vila de Cangas con 44'16" e 4ª quedou a nosa atleta Elena Naveiro con 44'50".
Respecto os nosos atletas destacamos o bo momento de Eloy Campos, o cal está poñéndose a punto pra debutar na Vig-Bay e facer un bo registro. Destacamos o regreso a competición de Eduardo Morais. Xavi Rodicio correu lesionado no xeonllo e conseguiu rematala prova.

De modo estractado facemos mención a tódolos Venturiñas que foron da partida.

4º POSTO FIMININO ELENA NAVEIRO PARADA.................44'50"
41º POSTO XERAL ELOY CAMPOS DACOSTA...................37'42"
44º " " EDUARDO ALVAREZ MORAIS...........37'49"
87º " " FRANCISCO VIDAL BEA......................39'25"
115º " " DIEGO VÁZQUEZ REMIGIO...............40'32"
135º " " JAVIER FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ..41'28"
185º " " XAVI GONZÁLEZ RODICIO................43'03"
302º " " JORGE ARIAS RIAL..............................46'13"
542º " " FCO. JAVIER GLEZ. DGUEZ................57'30"

Crónica: E. Morais

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que vergonza Edu...xa che ganan os foraneos...retírate...jajajaja

Martín