Miguel Marzoa
Saída da carreira do Cuvi.
Xavi Rodicio en Monforte.
Xavi Rodicio en Monforte.
Saída en Monforte.
Este fin de semana pasado ademáis da Carreira Popular de Dena, disputáronse a I Carreira Popular de Monforte con victoria de Gustavo Platas e de María Jesus Gestido, ca participación de Eloy Dacosta e Xavi Rodicio representando ó Venturiña.
Eloy Campos que continua a sua preparación pra Vig-bay, realizou unha excelente carreira, acadando o posto 23º da clasificación xeral cun tempo de 24'26" cunha media de 3'30" por km, nos 7 kms de distancia. Xavi Rodicio nesta ocasión realizou unha boa carreira e acadou o posto 71º cun tempo de 28'15" a 4'03" por km.
Este próximo domingo na tradicional media maratón Vig-bay, tanto Eloy, como Xavi, Farru, Miguel, etc..., defenderán os colores do Venturiña e tentarán conseguir baixar as suas marcas.
Lembremos que o récord do clube Venturiña en Media Maratón acadouno Eduardo Morais o 04-12-2005 na Media Maratón Volta a Ría de Ferrol cun tempo de 1h 12'29", e en categoría feminina Elena Naveiro acadouno na Media Maratón de Pontevedra o 07-10-2007 cun tempo de 1h29'07".
Tamén nos aledaños do campus universitario de Vigo disputouse os "10 kms Cidade Universitaria" con victoria de Pedro Nimo cun tempo de 30'14" e en categoría feminina o triunfo foi pra Marta Fernández Otero con 34'38".
Representando os Venturiñas, Francisco Vidal Bea "Farru" acadou o posto 45º da xeral con 37'17" a 3'44" por km. O outro noso representante foi Miguel Marzoa que finalizou no posto 50º cun tempo de 37'35" a 3'46" de media.
1 comentario:
...eu de marca nada, se remato xa sería boa nova.
En Lemos non fun nada ben, doíame o xeonllo.
Publicar un comentario